Ir ao contido da páxina

Adega Entre os Ríos

A filosofía de Entreosrios é a do máximo respecto pola paisaxe e a natureza, evitando o uso de tratamentos innecesarios (herbicidas, insecticidas, fermentos industriais), buscando que cada anada reflicta as súas propias características. Preténdese elaborar viños que reflictan o terreo, onde a influencia das rocas de granito e xistos do macizo do Barbanza, a súa auga e o océano, xunto co clima marcan de maneira significativa o seu perfil.

Está localizada na Pobra do Caramiñal e adscrita á IXP Viños da Terra do Barbanza e Iria. Conta con viñedos propios procedentes dos clons do convento da Mercé que foron seleccionados entre as cepas máis vellas da zona hai máis de 30 anos. Viñedos con antigüidades de ata 50 anos en cepas xa existentes antes das plantacións novas.

Ao carón da adega sitúase o seu hotel rural construído nunha antiga casa de muiñeiros.

Compartir:
©Adega Entre os Ríos

Viños

Descubre...